SanidadeÚltima hora

Continúan as concentracións na Rúa para pedir “unha primaria digna”

Son xa sete consecutivas as que se levan celebrando cada luns no exterior deste Centro de Saúde valdeorrés

Por sétimo luns consecutivo, ás 12h. do mediodía, veciños e profesionais sanitarios veñen de concentrarse durante cinco minutos no exterior do Centro de Saúde da Rúa coa mesma demanda “unha Primaria digna”.

Esta acción reivindicativa, convocada dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a realizarse no primeiro luns de febreiro. Dende entón o centro de saúde rues mantén estas concentracións coas que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button