SanidadeÚltima hora

Continúan as mobilizacións dos gardas de seguridade do HCV

Concentrábanse no exterior do Hospital do Barco e logo facían unha sentada ás portas da xerencia do centro

 

Os traballadores do servizo de seguridade do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco volvían a mobilizarse neste luns 25 de novembro polos seus salarios atrasados. Arredor das dez da mañá concentrábanse no exterior da entrada principal centro sanitario, contando co apoio de persoal e tamén dos sindicatos da CIG e UXT.

“Tratábase de recordarlle ao Sergas que o servizo leva sen cobrar as nóminas de outubro e de novembro a punto de expirar o pago”, segundo informan os traballadores. Despois da concentración, dirixíanse á entrada do hospital e, seguidamente, facían unha sentada ás portas do despacho da xerencia “para pedir explicacións e respostas”. Dende a xerencia do HCV indicáronlles que están a facer todo o posible para solucionar o problema, que “a empresa está en proceso de venda” e pedíronlles tempo, tal e como indican os gardas de seguridade.

Ante isto os vixiantes comunican que as medidas de presión contra a empresa e o Sergas reanudaranse nas próximas datas.

 

Artigos relacionados

Back to top button