SanidadeÚltima hora

Continúan as mobilizacións dos gardas de seguridade do Hospital Comarcal Valdeorras

 

Nova concentración dos gardas de seguridade do Hospital Comarcal Valdeorras. Na mañá deste 20 de novembro volvían a xuntarse na entrada deste centro sanitario do Barco para denunciar que “seguimos sen cobrar”.

Tamén anuncian que continuarán con máis mobilizacións ante á inacción do Sergas nesta situación, entre elas destacan un peche que se fará xa mañá no hospital.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button