ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Continúan as mobilizacións por unha estrada digna para San Vicente de Leira

Para hoxe, 13 de marzo, ás 20:30h. hai convocada unha concentración en Petín

Na mañá do 9 de marzo, os veciños da localidade vilamartinesa de San Vicente de Leira percorrían o centro do Barco para pedirlle á Deputación solucións ante o mal estado no que se atopa a súa estrada e tamén para facer visible na comarca de Valdeorras a súa problemática. Aínda sen saber que a estrada sería cortada por técnicos da Deputación (na mañá do sábado día 10) nese acto, aseguraban que continuarían con novas concentracións nos concellos que amosaron solidaridade coa problemátiva desta localidade valdeorresa, e así o farán.

Para esta tarde, está prevista unha concentración en Petín ás 20:30h. onde lerán un manifesto. Ata o lugar esperan que asistan os veciños de San Vicente (os que viven alí e os que non) e de todo o concello de Vilamartín así como doutros municipios da comarca.

Unhas horas antes, en torno ás 12h. do 13 de marzo, os veciños reuníanse novamente na parte máis afectada da estrada, que continúa cortada. Unha xuntanza reivindicativa á que se unía o deputado parlamentario de En Marea, Davide Rodríguez, para coñecer de primeira man a situación.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button