A RúaConcellosÚltima hora

Continúan as sesións de Autocine na Rúa con “Tiburón”

A proxección foi ás 22:30h na Área Recreativa do Aguillón

 

Os veciños da Rúa puideron desfrutar o pasado sábado, 8 de xullo, da película “Tiburón”, de Steven Spielberg. A sesión, non recomendada para menores de 18 anos, comezou ás 22:30h, no Campo de Tiro da Área Recreativa do Aguillón e a proxección foi en formato autocine. Este evento enmárcase dentro da pogramación das Festas de Verán, que este ano teñen unha axenda reducida debido á situación de crise sanitaria.

Varios automóbiles aliñáronse no espazo habilitado para desfrutar da película en pantalla grande mentres que captaban o son por radio. Este formato permite continuar realizando actividades de cine na rúa pero garantindo o cumprimento da distancia social, derivada da pandemia do coronavirus. Ao evento tamén acudiu o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

A proxección estaba programada, nun principio, para o sábado 1 de agosto pero foi aprazada por mor da “premiere” do novo filme de Ignacio Vilar, “María Solinha”, que tiña lugar ese mesmo día na veciña localidade de Petín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button