ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Continúan as tarefas de desinfección na Rúa

Despois das rúas da vila e das residencias de anciáns, hoxe tocoulle ao Centro de Saúde

 

A desinfección é clave na loita contra o Covid-19, o virus que mantén á poboación mundial confinada e que xa infectou a máis de 180 persoas en Ourense. Por iso, dende as diferentes Administracións afánanse por desinfectar os espazos públicos.

Na tarde de onte, eran os viticultores, agricultores e adegueiros os que botaban man dos seus tractores atomizadores para chegar a cada recuncho da vila, en colaboración coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa e do propio Concello.

De forma paralela, a Consellería do Medio Rural, a través do Servizo de Defensa Contra Incendios centraba o labor de desinfección dos exteriores das residencias de maiores (Os Pinos e Fátima). Hoxe tocoulle o turno ao Centro de Saúde e toda a contorna (dianteira, traseira e aparcadoiro). Despois da Rúa o servizo dirixíase a Petín para completar o traballo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button