SanidadeÚltima hora

Continúan detectándose brotes de Covid na provincia

 

Seguen a rexistrarse novos brotes de Covid-19 na provincia de Ourense. Así, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade, o estudo das vinculacións e seguemento de distintos casos illados e un dos brotes detectados os pasados días, permitíu establecer a existencia doutro gromo, no concello de Ourense, que engloba a 16 personas, dúas delas ingresadas. Son 6 mulleres e 9 homes de 79, 84, 72, 51, 46, 49, dous de 37, e outro de 88 anos, ademais de 5 mulleres de 77, 65, 42, 43, 67 anos e dous menores.

Hai ademais outro brote no veciño concello de Barbadás con 4 casos, 3 mulleres (dúas de 55 años, unha de 94) e un home de 56.

Novos datos de brotes xa activos

Con respecto ao brote detectado días atrás no Carballliño e con orixe nunha xuntanza de amigos ascende a 15 casos, co diagnóstico nas últimas horas de 3 casos mais: un home de 25 anos unha muller de 82 e un menor.

E o brote de Mariñamansa ascende xa a 26 persoas afectadas, tras a detección de dous casos mais, dous homes de 62 e 38 anos.

Por outra banda, o brote familiar en Riós (+Castrelo do Val) sobe a 5 afectados cun positivo máis, un home de 47 anos. E o brote rexistrado en Avión elévase a 9 casos con 2 novos contaxios: unha muller de 79 anos e un menor.

Ademais, o brote detectado no concello de Verín, e con orixe nunha xuntanza familiar, ascende a 7 casos positivos co diagnóstico dun menor.

En todos eles continúa activo o seguimento dos contactos estreitos, segundo sinala Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button