SanidadeÚltima hora

Continuarán as concentracións para pedir o mantemento da área sanitaria

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras celebraba nesta semana unha asemblea na que acordaba seguir coas mobilizacións contra a reforma da Lei de Saúde de Galicia
Un dos momentos da asemblea da plataforma valdeorresa.

O oriente ourensán seguirá reivindicando con diversos actos o mantemento da área de saúde do Barco, cuxa supresión se recolle no anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia. Así se acordaba na asemblea que celebraba na tarde do pasado mércores a Plataforma Santaria de Valdeorras.

Neste encontro facíase balance da multitudinaria manifestación que percorría as rúas do Barco na tarde do 30 de setembro, así como dos actos informativos previos e das concentracións que comezaban a finais de setembro. “Imos manter viva a chama da reivindicación”, aseguraban os representantes da plataforma.

Nese senso, váiselle dar continuidade das concentracións diante do Hospital Comarcal de Valdeorras no Barco, así como nos centros de saúde do oriente ourensán a partires de novembro. En concreto, a primeira das concentracións está prevista para o 8 de novembro. Tamén se valoraba organizar outro tipo de actos, se ben non se concretaban nesta xuntanza.

Artigos relacionados

Back to top button