En portadaÚltima hora

Continuidade no goberno galego

No decreto asinado polo presidente da Xunta o 13 de novembro repiten os dez conselleiros do executivo anterior
O presidente da Xunta, asinando o decreto.
O presidente da Xunta, asinando o decreto.

Sen sorpresas. O novo executivo galego será idéntico ao da parte final da anterior lexislatura. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinaba na mañá do 13 de novembro o decreto de nomeamento dos membros do seu goberno, no que repiten os dez conselleiros:

– Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela
– Conselleiro de Facenda. Valeriano Martínez García
– Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Beatriz Mato Otero
– Conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Ethel Vázquez Mourelle
– Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde López
– Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Román Rodríguez González
– Conselleiro de Sanidade. Jesús Vázquez Almuiña
– Conselleiro de Política Social. José Manuel Rey Varela
– Conselleira do Medio Rural. Ángeles Vázquez Mejuto
– Conselleira do Mar. Rosa Quintana Carballo

Máis información:
https://osil.info/feijoo-inicia-o-seu-terceiro-mandato-como-presidente-da-xunta-de-galicia/

Artigos relacionados

Back to top button