CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Contos de medo con Raquel Queizás, na Biblioteca de Verín

Esta actriz e contadora despregará o 29 de outubro ás 12h. un feixe de historias para superar os temores
Cartaz da actividade.
Cartaz da actividade.

Dentro das actividades de fomento da lectura coas que a Biblioteca Municipal de Verín celebrará o Samaín incluírase o espectáculo “O medo hai que entretelo”. Trátase dunha contada que correrá a cargo da actriz Raquel Queizás. Será o vindeiro 29 de outubro ás 12.00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Verín e nela relataranse contos para superar os medos ao longo de 40 minutos.

“Raquel Queizas, nome artístico que fai honor ao seu pobo, é amiga da nosa Biblioteca e coñece ben o noso proxecto de Voluntariado, e ela mesma ofreceuse de xeito desinteresado a facer unha contada nas nosas instalacións”, explican dende a Biblioteca de Verín. Esta iniciativa vai dirixida a nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos que deben ir acompañados.

Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse. Os usuarios poden informarse tanto na web da Biblioteca www.bibliotecadeverin.es e nas redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button