Galerías de fotosÚltima hora

“Contos de Nadal”, na Biblioteca de Verín

Unha vintena de nenos entre 3 e 9 anos participaba nunha actividade de manualidades e contacontos o 21 de decembro

Entre manualidades e historias celebraban a chegada do Nadal na Biblioteca do Concello de Verín. Na tarde do 21 de decembro organizábase unha das últimas actividades deste ano: unha serie de manualidades e un contacontos que levaban por título “Contos de Nadal”.

Nela participaban unha vintena de nenos de 3 a 9 anos. Esta proposta, que remataba cunha chocolatada, estaba coordinada por nenos e nenas voluntarios, de entre 9 e 17 anos, así como por persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Fotos: Biblioteca do Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button