CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Contos do mundo e o ritmo do Trío Detrés, en Parada de Sil

 

Co novas propostas continúa avanzando o completo “Verán cultural” deseñado polo Concello de Parada de Sil. Para este venres 27 de agosto está prevista unha viaxe moi especial a través das historias por terras lonxanas. A partir das 18h. poderá desfrutarse na Biblioteca do Concello con contos do mundo e, máis en concreto, coa “Viaxe de Irene por Guatemala”.

Na xornada do sábado cobrará protagonismo a música a cargo dunha formación moi especial: Trío Detrés que dende as 18h. darán un pasarrúas por Parada de Sil enchendo de ritmo e humor a localidade.

Interpretan temas propios, pero tamén versións de cancións populares e divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… “Que sucede cando parte da banda chega tarde e descoidada ao lugar do concerto? Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público”, conta este singular trío musical.

 

Artigos relacionados

Back to top button