EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A contratación de seguros agrarios no sector do viño, analizada na D.O. Monterrei

A Casa da Cultura de Verín acollía na tarde do 13 de novembro unha charla informativa sobre este tema

Sobre os seguros agrarios dirixidos ao sector vitivinícola xiraba a chara informativa que se desenvolvía na tarde do luns 13 de novembro na Casa da Cultura de Monterrei. Nela participaban Víctor Novo, xefe de servizo de Sanidade e Produción Vexetal; Ramón Martín, director territorial Noroeste de Agroseguro, e Jesús Gregorio García, xefe do servizo de estudos e investigación en producións agrícolas e forestais de ENESA (Entidad Estatal de Seguros Agrarios), ademais da presidenta do CRDO Monterrei, Lara Da Silva.

Esta campaña divulgativa vai destinada aos viticultores e adegueiros co fin de achegarlles información sobre a contratación de seguros agrarios, así como solventar todas as dúbidas existentes neste ámbito. “A finalidade é poder ofrecer información aos viticultores da nosa comarca, sobre todas aquelas cuestións relativas á subscrición de contratos de seguros agrarios, coa intención de que ninguén por descoñecemento ou falta de información non subscriba un seguro que poida ser do seu interese”, indica a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Esta iniciativa ten sido organizada polo C.R.D.O. Monterrei e a Consellería do Medio Rural, tras a xuntanza mantida polo grupo de traballo creado ao efecto dentro da Comisión Territorial de Seguros Agrarios. Este grupo está conformado por técnicos de Medio Rural, Consorcio de Compensación de Seguros, Agroseguro, Enesa, Delegación do Goberno en Galicia, organizacións profesionais agrarias, Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e representantes das denominacións do viño galegas, entre las que figura Monterrei.

Fotos: CRDO Monterrei.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button