ConcellosO BarcoÚltima hora

Controis da Policía Autonómica no Barco de Valdeorras

Un coche da Policía Autonómica.

 

Dende a entrada en vigor da novas restricións decretadas pola Xunta para concellos como O Barco de Valdeorras, (en nivel vermello de alerta polo número de positivos en Covid detectados nos últimos serte días) a poboación pregúntase como se controla o seu cumprimento.

Dende a Policía Local aseguran que fan o que poden pero resulta difícil, incidindo en que é un tema de todos e de implicación persoal. Mais na mañá deste sábado 10 de outubro membros da Policía Autonómica percorrían algunhas rúas e establecementos da vila barquense, controlando o cumprimento das normas (uso de mascarillas, distancia social, aforo,…).

Tal como adianta o alcalde do Barco, Alfredo García, os controis manteranse toda a fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button