EconomíaÚltima horaViticultura

Controis policiais para evitar a entrada de uva foránea nas D.O. da provincia de Ourense

Haberá controis de vehículos, vixilancia nocturna e un reforzo de persoal nesta tempada de vendima

Imaxe da xuntanza. / Foto: cedida.

 

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado manterán controis de vehículos, reforzarán a presenza física e intensificarán a vixilancia nocturna para evitar a entrada de uva foránea na vendima das catro Denominacións de Orixe da provindia de Ourense (Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei).

Hoxe, 28 de agosto, tivo lugar unha xuntanza entre o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Alfonso, e os representantes da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe. Os presentes coincidiron en destacar que o emprego de uva autorizada é un dos puntos fundamentais para garantir a calidade e o prestixio dos viños.

O subdelegado do Goberno apuntou a que a presenza policial neste ámbito “é determinante para evitar o fraude coa entrada de uva foránea nun sector de vital importancia para a economía da provincia”. Este tipo de actuacións están dando importantes resultados na redución de casos de fraude polo que se agarda que nesta tempada, a tendencia continúe á baixa.

 

Artigos relacionados

Back to top button