DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Control de marcas e I Xornada previa de atletismo en pista “Xogade”, no Barco

Numerosos atletas, tanto valdeorreses como chegados dende Trives e Viana, dábanse cita nesta primeira competición celebrada na tarde do 23 de marzo

Atletismo base, pero tamén absolutos. As pistas barquenses de Calabagueiros acollían en xornada de tarde este sábado 23 de marzo a I Xornada previa de atletismo en pista “Xogade” en Valdeorras e o 1º Control de marcas federado coa participación de numerosos atletas, especialmente de categorías base tanto de Valdeorras, como de comarcas próximas como Trives e Viana.

As probas comezaban a partires das catro e media tarde coas carreiras de 50 ml benxamín, seguidas das dos 60 ml alevín e do 50 ml (tríatlon) benxamín. Despois virían probas de lanzamento de xavelina en diversas categorías, de salto de lonxitude (tríatlon), etc.

Entre os clubs participantes estaban o Adas do Barco, o Club Atletismo Rúa, así como as Escolas Deportivas Municipais de Trives e o CEIP Bibei de Viana do Bolo. Estas probas foron organizadas pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), baixo o control do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA e co patrocinio do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button