DeportesÚltima hora

I Control de Marcas, organizado polo Adas, o 10 de marzo no Barco

Comezará a partires das cinco da tarde nas pistas de Calabagueiros coa competición de lanzamento de martelo
Competición de atletismo nas pistas de Calabagueiros, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cos lanzamentos de martelo (nas categorías infantil, cadete, xuvenil, xunior, senior, promesa e veteranos masculinas e femininas) comezará a partires das cinco da tarde do 10 de marzo o I Control de Marcas organizado polo Club Adas Proinor no Barco. Terá como escenario as pistas de Calabagueiros e o seu control estará en mans do Comité Valdeorrés de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (FGA.

Logo virán, en diferentes categorías, as probas dos 60 metros lisos, dos 50 ml, 500 ml, 1.000 ml, os 60 m valados, ata rematar en torno ás oito da tarde coas probas absolutas masculina e feminina dos 60 ml.

As inscricións poderán realizarse na web da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/ ata as 23:50 horas do mércores 8 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button