ConcellosÚltima hora

Controlado o incendio de Viana do Bolo

Era o único que quedaba activo en Galicia e hai outros vinte controlados na provincia de Ourense

 

O lume forestal de Viana do Bolo era o único que continuaba activo na mañá do 18 de outubro e xa está controlado, segundo facía público a Consellería do Medio Rural ás 13:30h. Agora mesmo hai uns 20 incendios controlados na provincia de Ourense: A Gudiña (que se propagaba por Vianado Bolo), Ramil (Xunqueira de Espadanedo), Santiso (Maceda), Pensos (Esgos), Araúxo (Lobios), Cantoña (Paderne de Allariz), Paradellas (Parada de Sil), Betán (Baños de Molgas), Gabín (Montederramo), Chaveán (Chandrexa de Queixa), Melón, Chaguazoso (Vilariño de Conso), Rebordechau (Vilar de Barrio), Oseira (San Cristovo de Cea), Albarellos (Boborás), Coiras (Piñor); Covas, Chás e Marrubio (Montederramo) e Placín (Manzaneda). Asemade quedaba extinguido o de Cerdeira (San Xoán de Río).

 

Por outra banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzaba que o Consello da Xunta de Galicia aprobará mañá xoves un Decreto de axudas para os afectados pola vaga de lumes ocorrida a pasada fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button
Close