En portadaÚltima hora

Controlado o incendio de Montefurado (Quiroga) tras queimar 149 hectáreas

Imaxe do incendio de Montefurado./ Foto: Brif Laza.

 

As 16:18 h. desta tarde de 25 de xullo quedaba controlado o lume forestal rexistrado na parroquia de Montefurado, no municipio lucense de Quiroga, tras afectar a unha superficie dunhas 149 hectáreas, das cales 40 son de monte arborado e 109 de monte raso, segundo informa a Consellería do Medio Rural. “Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada”, matiza.

Este incendio comezaba ás 17:32 h. de onte e para controlalo mobilizáronse 1 técnico, 16 axentes, 42 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 3 avións.

 

Artigos relacionados

Back to top button