ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Controlado o incendio de Pradoalbar (Vilariño de Conso)

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, quedaba controlado ás 20,13 h. desta tarde.

Este incendio forestal iniciárase onte ás 20,08 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do Parque Natural do Invernadeiro. No lugar levan traballando no seu control 4 axentes, 8 brigadas, 1 motobomba, 3 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button