ConcellosÚltima hora

Controlado o incendio de Sabuguido (Vilariño de Conso)

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 85 hectáreas de monte raso
Imaxe do incendio./ Foto: Brif de Laza.

A Consellería do Medio Rural vén de informar do control do lume forestal na parroquia de Sabuguido, pertencente ao concello ourensán de Vilariño de Conso. O incendio iniciouse con múltiples focos ao mesmo tempo ás 16:20 h. desta tarde de 16 de marzo e quedou controlado ás 19:50h.

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 85 hectáreas de monte raso. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada, segundo indica a Consellería do Medio Rural. Na extinción deste incendio levan traballado 4 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas e 7 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button