ConcellosÚltima hora

Controlado o incendio de San Vicente (Vilamartín), tras queimar 24 hectáreas

 

Arredor das 14:15 h. deste sábado comezaba un incendio forestal na parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), que quedaba controlado arredor das oito e media da tarde.

Segundo novas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 6 helicópteros.

Fotos: Brigada de Marroxo.

 

Artigos relacionados

Back to top button