ConcellosO BarcoÚltima hora

Controlado o incendio forestal da zona de Vilanova (O Barco)

 

O incendio forestal iniciado ás 14:10h. desta tarde na parroquia de Vilanova (O Barco), e que afectaba tamén á zona do Córrego, estaba estabilizado dende as 16:25h. e quedaba controlado ás 17:41h., segundo confirma a Consellería do Medio Rural. Ten afectado a unha superficie de 0,8 hectáreas de monte raso.

Nos labores de extinción deste lume teñen estado traballando 2 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas, 1 técnico e 2 helicópteros.

Fotos: loispradaf

 

 

Artigos relacionados

Back to top button