En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Controlado o lume do Navea, en Trives

O incendio forestal que comezaba na tarde do 14 de agosto na parroquia de Navea en Trives quedaba finalmente controlado ás 22:15 horas do luns 15 de agosto. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural este incendio “afectou unha superficie de arredor de 194 hectáreas. Delas, 174 son de monte raso e as 20 restantes de arborado”.

Nos labores de extinción levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 38 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), segundo Medio Rural.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button