OurenseÚltima hora

Controlado un incendio forestal que afecta ao Parque Natural do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, o incendio leva queimada unha superficie dunhas 15 hectáreas na parroquia de Parada (Lobeira)
Imaxe do incendio de Parada (Lobeira), que afecta ao Parque Natural do Xurés.

Na noite do 29 de setembro producíase ás 21:05h. un incendio forestal na parroquia de Parada (Lobeira), que afecta o Parque Natural do Xurés. Este lume comezaba en dous puntos e quedaba controlado esta mañá ás 08:51 h, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións, o incendio afecta unha superficie dunhas 15 hectáreas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Artigos relacionados

Back to top button