OurenseÚltima hora

Controlado un sexto incendio que afecta á Serra do Xurés

O Parque Natural da Baixa Limia sofre dende o pasado xoves, unha serie de lumes en distintos puntos

Nesta mañá de 10 de agosto controlábase o sexto incendio que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés dende o pasado xoves. Ademais, é o cuarto que afecta á parroquia de Requiás (Muíños).

Segundo datos de Medio Rural, este cuarto incendio orixinouse ás 1:07 h. e, segundo as primeiras estimacións das 9 da mañá, rolda 1 hectárea rasa. Lévanse mobilizado para o seu control 2 axentes, 6 brigadas e 4 motobombas.

 

Incendio forestal en Requiás (Muíños). Foto: AT Brif.

 

Así, o outro lume do concello ourensán de Muíños que se iniciara o venres, que quedou controlado ás 21:07 h. de onte. Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, o incendio afecta unhas 50 hectáreas provisionais. Para a súa extinción lévanse mobilizado 6 axentes, 24 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 9 avións e 7 helicópteros.

Ademais, hoxe comezou ás 13:40 h. un quinto incendio nesta parroquia ourensá (Requiás) e se deu por extinguido ás 15:45 h. da tarde. Na súa extinción participaron 1 axente, 3 brigadas e 1 motobomba. A superficie afectada foi de 0,05 hectáreas de monte raso. Trátase do sétimo lume que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés dende a noite do xoves.

 

Lobios

Por outra banda, segue activo, dende as 8:00 h. do sábado, o incendio do concello ourensán de Lobios, parroquia de Manín, no que faleceu unha persoa e outra resultou ferida ao accidentarse un hidroavión do operativo de extinción portugués. O helicóptero Pesca I da Xunta desprazouse ao lugar para asistir aos ocupantes da aeronave. O ferido, que sufriu varios politraumatismos, foi trasladado a un hospital portugués por un helicóptero medicalizado do país veciño.

Segundo as últimas estimacións das 9 da mañá de Medio Rural, o lume afecta unhas 420 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, despois de que entrara dende Portugal. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 18 axentes, 51 brigadas, 24 motobombas, 2 pas, 9 avións e 11 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

 

Chandrexa de Queixa

Así, segundo datos da Consellería de Medio Rural, continúa controlado, dende as 19:53 h. de onte, o incendio do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo. Orixinárase o sábado e, segundo as últimas estimacións, rolda as 25 hectáreas. No seu control levan traballado 7 axentes, 16 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button