ConcellosRibas de SilÚltima hora

Controlados os dous incendios forestais de Ribas de Sil

A superficie queimada entre os dous é dunhas 1.720 hectáreas, segundo Medio Rural

Zona afectada polo incendio de Ribas de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende as 21:01 h. desta tarde está controlado o lume iniciado o luns ás 12:47 h. na parroquia de Ribas de Sil, concello homónimo, e que tamén afecta os municipios de Quiroga e da Pobra do Brollón. Tras unha nova medición, a superficie afectada por este incendio rolda as 1.580 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Ata o momento mobilizáronse para extinguilo 15 técnicos, 46 axentes, 112 brigadas, 51 motobombas, 5 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción persoal e medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Tamén quedou controlado ás 21:02 h. desta tarde o lume iniciado ás 21:42 h. do domingo neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor de 140 hectáreas. Na súa extinción mobilizáronse ata o de agora 6 técnicos, 20 axentes, 44 brigadas, 29 motobombas, 5 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button