ConcellosÚltima hora

Controlados os dous lumes do Parque Natural do Invernadeiro

Estes incendios, localizados en San Mamede de Edrada (Vilariño de Conso), levan queimadas 13,68 hectáreas de monte raso nun caso e 99,16 hectáreas no outro
Imaxe dun dos incendios de Vilariño.

A Consellería do Medio Rural vén de informar do control dos dous incendios forestais rexistrados no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Edrada, e que afectan o Parque Natural do Invernadoiro.

Os dous lumes comezaban na tarde do mércores e, segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural, afectan 13,68 hectáreas de monte raso nun caso e 99,16 hectáreas no outro, das cales 29 son arboradas e o resto rasas. No lugar levan traballado 5 técnicos, 38 axentes, 92 brigadas, 39 motobombas, 5 pas, 14 helicópteros e 7 avións.

Artigos relacionados

Back to top button