En portadaÚltima hora

Controlados os lumes de Montederramo, Chandrexa, Manzaneda, Lobios, Muíños e Vilar de Barrio

Ademais quedaron extinguidos os de Trives, Vilariño de Conso, A Mezquita, Cualedro, Requiás-Muíños e Rairiz de Veiga

Imaxe do incendio de Chandrexa de Queixa./ Foto: Brif Laza.

 

Segundo os datos que vén facilitar a Consellería do Medio Rural, e recollidos ás 20:45h. desta tarde, están controlados os lumes de Montederramo-Gabín (30 hectáreas), Chandrexa de Queixa-Queixa (500 ha), Manzaneda-Cernado (850 hectáreas), Manzaneda-Paradela (400 ha), Lobios-Río Caldo (2.000 ha), Vilar de Barrio-Rebordechau (700 ha) e Muíños-Prado de Limia (150 ha.

Ademais, foron extinguidos os incendios da Pobra de Trives-Pena Petada (50 ha) Rairiz de Veiga-Sabariz (251,5 ha), Cualedro-Montes (un 1.300 ha e outro 68 ha), Muíños-Requiás (32,3 ha), Vilariño de Conso-Sabuguido (817 hectáreas) e A Mezquita-Cádavos (524,91 ha).

 

Imaxe do incendio de Vilariño de Conso./ Foto: Brigada de Marroxo.

 

Montederramo

Controlábase ás 20:29 h. o lume que comezaba o luns no municipio ourensán de Montederramo, parroquia de Gabín. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 30 hectáreas. Para o seu control lévanse mobilizado 17 axentes, 27 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións.

Chandrexa de Queixa

Tamén era controlado ás 20:13 h. o lume que se orixinou o domingo na parroquia de Queixa, concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 500 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 18 axentes, 35 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 2 avións.

Manzaneda

Estaba controlado ás 20:11 h. o incendio rexistrado o luns no municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 850 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 11 axentes, 23 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 10 avións.

Controlado tamén ás 20,11 h. o lume iniciado o luns neste municipio pero na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro orixinado na parroquia de San Martiño. Entre os dous suman unha superficie provisional dunhas 400 hectáreas, segundo Medio Rural. No lugar levan traballado ata o momento 1 técnico, 22 axentes, 45 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 4 avións.

Lobios

Controlado ás 18:20 h. desta tarde o lume orixinado o sábado no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta provisionalmente unhas 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 41 axentes, 90 brigadas, 56 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 8 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Muíños

Controlado tamén ás 18:20 h. desta tarde o lume que entraba esta pasada noite no Parque Natural do Xurés, procedente de Portugal e que afecta o concello ourensán de Muíños, parroquia de Prado de Limia, e o limítrofe municipio de Lobios. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 150 hectáreas. No lugar levan traballado ata o momento 9 axentes, 24 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 7 avións.

Vilar de Barrio

Continúa controlado, dende as 21 h. do mércores, o lume que se iniciou o sábado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 700 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 14 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

Artigos relacionados

Back to top button
Close