DeportesÚltima hora

Contundente vitoria do Club Voleibol Ourense na 1ª división nacional

As ourensáns vencían 3-1 en casa ao club asturiano La Calzada de Gijón
O equipo ourensán saudando ao público.

O CV Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” conseguía a súa primeira vitoria da tempada, na 3ª xornada da liga de primera división disputado na mañá do 22 de outubro no polideportivo O Pompeo de Ourense. O partido, arbitrado polos colexiados galegos Juan Carlos Liste e Laura Lago, enfrontaba ás ourensás coas xogadoras do club asturiano de La Calzada “con gran afluencia de público”, explican dende Ourense.

No encontro destaca o “bo xogo despregado por todo o equipo sobre todo nos dous últimos sets pese ás baixas de  Raquel, Sheila e Ivette”, aseguran dende o combinado ourensán. O tanteo de 3-1 (25-21, 16-25, 25-18 e 25-16) reflexa a superioridade do equipo local que só tivo un momento de dúbida no segundo set “onde as xixonesas demostraron porque estaban no alto da clasificación”.

Con esta vitoria o CVO sitúase na sétima posición da liga con cinco puntos na clasificación. A vindeira fin de semana desprazarase ata Madrid para enfrontarse ao SAD Recuerdo, terceiro clasificado.

 

As xogadoras de ámbolos dous equipos saudándose.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button