En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Contundente vitoria do CD Rúa ante o Piñeira Seca no Vicente Solarat

Co 4-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 16 de xaneiro na Rúa

 

Cun contundente 4-0 se resolvía o partido de fútbol sénior disputado na tarde deste domingo 16 de xaneiro no campo Vicente Solarat entre o CD Rúa e o Piñeira Seca.

O encontro, correspondente á xornada 11 en Segunda Galicia, comezaba coa toma de contacto por parte de ambos equipos, ata que no minuto 26 Lora abría o marcador para o Rúa ao transformar un penalti. No minuto 35 Samuel poñía o 2-0 e no 47′ era Cotarelo quen atravesaba a portería rival. O broche ao encontro poñíao Samuel, que facía dobrete marcando o cuarto gol da tarde no minuto 55.

A partir do 4-0 os xogadores do Rúa seguían envorcados na área visitante, sendo o porteiro do Piñeira Seca quen impedía unha maior goleada amarela, polo que o marcador xa non se movería.

Con este resultado e un partido menos, o CD Rúa mantense no terceiro posto da clasificación con 27 puntos a só un do líder, o Maceda, e do segundo clasificado, o CD Viana que vencía 0-3 ao Molgas. A seguinte cita para os de Ferrer será en Oímbra no campo San Cibrao, ante o CD Bubal.

Pola súa banda, o conxunto trivés que compite na mesma categoría, perdía 3-2 en Xinzo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button