EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Convenio de colaboración entre Monterrei e Expourense

Tiña lugar no marco do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, onde está D.O. participa con diversas accións

 

O presidente do CRDO Monterrei, na sinatura do convenio con Expourense.
O presidente do CRDO Monterrei, na sinatura do convenio con Expourense.

O Consello Regulador de Monterrei vén asinar na mañá do 5 de marzo un convenio de colaboración con Expourense para promover efectos sinérxicos mediante accións conxuntas, que ao longo do 2015 farán posible unha representación desta denominación de orixe no calendario de actividades que desenvolve a institución ferial.

Esta sinatura tiña lugar no marco de Xantar, o salón internacional de turismo gastronómico que desenvolverá a súa dezaseis edición ata o 8 de marzo. Neste certame Monterrei participará través de diferentes accións co fin de “ampliar a súa proxección entre o público profesional que asistirá aol encontro e o consumidor final”.

Nesta liña, Monterrei será o viño oficial do restaurante de Costa Rica, país convidado nesta edición e que participa cunha proposta de “destino gastronómico, único e sostible”. Así os caldos desta denominación (brancos e tintos) acompañarán aos 600 menús que servirá nos vindeiros días o chef Luis Guillermo Castro Pérez.

Os viños de Monterrei estarán no Túnel do Viño, formarán parte de varios showcookings, como o de gastronomía sostenible de Flavio Morganti e Gabi Conde; así como do II Encuentro de Bloggers Gastronómicos, participando na cea que se ofrecerá ao grupo no restaurante de Costa Rica, para así “poder presentar directamente os viños a un colectivo cun importante peso prescritor ante o público final”.

 

Os presidentes da denominacións de Monterrei e Ribeiro, co subdelegado do Goberno en Ourense e co vicepresidente da Xunta, en Xantar.
Os presidentes da denominacións de Monterrei e Ribeiro, co subdelegado do Goberno en Ourense e co vicepresidente da Xunta, en Xantar.

 

Artigos relacionados

Back to top button