EconomíaEconomíaÚltima hora

Convenio de colaboración entre O Barco CCA e Abanca

 

Apenas un día despois do acordo asinado con AEVA, Abanca vén de rubricar neste 6 de febreiro outro convenio de colaboración no Barco, desta volta co Centro Comercial Aberto (CCA). A sintura tiña lugar este mediodía na sede da asociación de comerciantes no Barco. No acto participaban a presidenta e a tesoureira do CCA O Barco, Sandra Moldes Rodríguez e Catalina Moral Martínez, respectivamente, ademais do director de zona de Abanca en Ourense Este, Diego Daniel Fernández Borrajo, e o director da oficina de Abanca O Barco de Valdeorras, José Vicente García Méndez.

Mediante este convenio o banco pon a disposición dos comercios do Barco de Valdeorras un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe “produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios desta comarca contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos”, segundo a entidade bancaria.

Tamén se inclúen, entre outros servizox, “solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas. Do mesmo xeito, os comerciantes asociados do Barco poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais”, citando ao banco.

O apoio a campañas como ‘Os Días Azuis do Comercio Galego’, tamén é indispensable no compromiso da entidade co comercio galego, xa que durante o seu desenvolvemento increméntase notablemente o consumo nos comercios, así como os beneficios para os consumidores, con descontos ou agasallos.

Artigos relacionados

Back to top button