ConcellosÚltima hora

Convenio de colaboración entre o Concello de Río e Oca Manzaneda

Con este acordo as persoas censadas neste municipio terán diversos descontos nos servizos da estación de montaña

Gustavo Samartín, representante de Oca Manzaneda, e o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez, na sinatura co convenio entre ambas entidades./ Foto cedida.

 

Na tarde do 27 de setembro asinábase un convenio de colaboración entre o Concello de San Xoán de Río e Oca Manzaneda co obxectivo de achegar o centro termal e de esquí desta estación de montaña a todos os empadroados neste municipio cunha antigüidade mínima de dous anos.

“A partir de agora os censados en Río teremos grandes descontos nos forfaits de tempada para a práctica do ski, prezos especiais para o acceso a piscina, Spa, ximnasio, tratamentos especiais, etc. Ademais teremos xornadas formativas a prezo super reducido para acceder a cursos de esquí”, explica o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Así o convenio establece un paquete especial para empadroados, bonos individuais e familiares (canto todos os membros da unidade familiar estean censados en Río), descontos na zona de tratamentos de beleza e coidados terapéuticos, pases anuais e xornadas formativas xuvenís para que a mocidade do concello poida acceder a cursos de esquí de maneira moi económica.

Este convenio estará vixente dende a data da sinatura ata o final do 2020.

 

Artigos relacionados

Back to top button