ConcellosRibas de SilSan Xoán de RíoÚltima hora

Convenio dos concellos de Río e Ribas de Sil con Medio Rural para mellorar a pista do Alto do Cerengo

Inicio da pista do Alto do Cerengo./ Foto cedida.

 

Na mañá deste luns 7 de decembro tiña lugar a sinatura dixital un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e os Concellos de San Xoán de Río e Ribas de Sil para a realización o proxecto “Mellora valorada de mellora da pista do Alto do Cerengo”, con destino ao uso púbico. Trátase dunha obra nunha infraestrutura rural titularidade destes dous concellos, un da provincia de Ourense e outro da de Lugo.

A Consellería do Medio Rural invertirá na mellora deste vial un total de 43.751,14 euros.

 

Estado actual da pista./ Fotos cedidas.

 

Diversas imaxes da zona na que se actuará./ Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button