OurenseÚltima hora

Convenio entre a Confederación do Miño-Sil e Educación

A través deste acordo sufragarase a formación práctica a dous alumnos do CIFP A Carballeira-Marcos Valcarcel
Autoridades asistentes ao acto da sinatura do convenio en Ourense.
Autoridades asistentes ao acto da sinatura do convenio en Ourense.

“A idea dunha formación de calidade é a clave na consecución de profesionais cualificados que poidan desempeñar, nun futuro, os labores que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) ten encomendados no terreo do seguemento e control de calidade das aguas”. Con estas palabras se refería o presidente deste organismo de conca, Francisco Marín, ao acordo que asinaba na mañá do 14 de setembro en Ourense co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e que permitirá que dous titulados de Formación Profesional do CIFP ourensán A Carballeira-Marcos Valcarcel realicen prácticas nas instalación desta entidade na Comisaría de Augas da capital da provincia.

O conselleiro de Educación e o presidente da confederación, tras rubricar o convenio.
O conselleiro de Educación e o presidente da confederación, tras rubricar o convenio.

Os dous becarios serán seleccionados polo propio centro entre os alumnos que finalicen o ciclo superior de laboratorio e análise e de control de calidade. As prácticas terán a duración dun ano e será remunerado a través dun sistema de becas, “polo que os beneficiarios non suplirán aos traballadores no Laboratorio de Análise, Control e Calidade das Augas da Comisaría de Augas da CHMS”, segundo se informa dende a confederación.

No acto da sinatura tamén estiveron presentes o subdelegado do Goberno, Roberto Castro; o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez; entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Back to top button