OurenseÚltima hora

Convenio entre ABANCA e o CCA Ourense Centro

O banco e a asociación firman un acordo de colaboración para reactivar a actividad comercial
O presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivela e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra.
O director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra e o presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivela.

Na mañá do 30 de outubro, o presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivela e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, firmaban un acordo que renova a aposta da entidade financiera galega co tecido comercial do centro da capital provincial.

Tal como explican dende Ourense Centro, o convenio “facilita que os comercios asociados a CCA accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos personais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto”. O documento firmado pon asemade a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidad como Crediventa ou compras especiais para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais asociados ao Centro Comercial Aberto tambén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venta (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes. Do mesmo xeito, a entidade bancaria tambén porá a disposición dos asociados “xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica”, e dende as oficinas de ABANCA “facilitarase a información relativa ás opcións de financiación a través de convenios, como o Plan Activamos firmado coa Deputación de Ourense ou os acordos alcanzados con ICO, Igape e SGR” explican dende o CCA.

Artigos relacionados

Back to top button