EconomíaEconomíaÚltima hora

Convenio entre Aeva, O Barco CCA e Abanca para impulsar o comercio local no Camiño de Santiago

Enmárcase nas accións postas en marcha polo banco como patrocinador do Xacobeo 21

Fito do Camiño de Inverno no cruce entre Eulogio Fernández, Conde Fenosa e Estación, no Barco de Valdeorras./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) e o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco veñen de asinar un acordo de colaboración con Abanca co obxectivo de “dar un novo impulso aos negocios de proximidade que se atopan nas zonas polas que discorre o Camiño de Santiago.

A rúbrica de ambos convenios tivo lugar esta mañá no Barco de Valdeorras por parte do director da oficina de ABANCA en Rubiá, Esteban Álvarez de la Mata, da Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández del Palacio, e do presidente do CCA O Barco, Jacobo Arias Fernández.

 

A través destes dous acordos, os empresarios adheridos terán acceso ás vantaxes que se inclúen no documento, no que destaca un plan de financiamento creado por Abanca e ambas entidades para dar resposta ás necesidades do colectivo. Tamén se reflicte un plan de financiamento específico para instalacións de eficiencia enerxética.

As empresas asociadas poderán beneficiarse de condicións vantaxosas para a rehabilitación e adecuación dos inmobles dos seus negocios que se atopen que se atopen no casco histórico situado no trazado do Camiño de Santiago. Este enmárcase dentro das accións postas en marcha por Abanca como un dos patrocinadores do Xacobeo 21 para o comercio local de ata 500 millóns de euros.

No acordo detállanse produtos e servizos para levar a cabo investimentos e reforzar a competitividade nos negocios dos asociados.

 

Artigos relacionados

Back to top button