OurenseÚltima hora

Convenio entre o CCA Ourense Centro e Generali Seguros

Con mellores condicións na contratación de seguros comerciais, de accidente ou de saúde para os asociados
Sinatura do convenio de colaboración.
Sinatura do convenio de colaboración.

O CCA Ourense Centro vén de asinar un novo convenio de colaboración con Generali Seguros co fin de mellorar as condicións das pólizas de seguro dos locais de negocio dos establecementos asociados, así como as pólizas de seguros de saúde ou de accidentes para autónomos. “As mellores condicións que ofrecerá Generali Seguros aos asociados afectarán tanto á prima a pagar como a introducir cláusulas máis beneficiosas para o contratante” explican dende o centro comercial aberto.

Segundo o convenio, os socios do CCA Ourense Centro disfrutarán de condicións económicas máis ventaxosas que dependerán do sector ao que pertenezcan, o tipo de coberturas que se desexen contratar, así como doutros factores determinantes na cotización dunha póliza de seguro. En todo caso, “a prima neta a pagar polos socios do CCA, tendo en conta as mesmas coberturas, sempre será como mínimo un 15% inferior á que correspondería a calquera outro negocio que non conte con esta condición”.

Artigos relacionados

Back to top button