Concellos

Convenio entre a CHMS e o Concello de Parada de Sil

Confederacion entrega as obras do sendeiro no río Mao, executadas en 2010, para o seu mantemento
Sinatura do convenio entre o presidente da CHMS e a alcaldesa de Parada de Sil.
Sinatura do convenio entre o presidente da CHMS e a alcaldesa de Parada de Sil.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e o Concello de Parada de Sil veñen de asinar o convenio de colaboración para a entrega das obras do sendeiro no río Mao en Parada de Sil (Ourense), executadas no ano 2010 e financiadas a través do Plan E (Fondo Especial RDL 9/2008), que non foran entregadas ao Concello para o seu mantemento e conservación.

O convenio era rubricado na sede da CHMS polo presidente, Francisco Marín, e pola alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome e nel, defínense as actuacións de reparación necesarias así como o importe das mesmas, que ascende a 10.500 euros, e que será sufragado integramente polo organismo de conca. Tal como explican dende Confederación, os traballos consisten na reparación dos desperfectos que se foron producindo ao longo do tempo na estrutura de madeira que constitúe un dos tramos de senda executados.

Artigos relacionados

Back to top button