ConcellosÚltima hora

Convenio entre a Xunta e Fegamp para desenvolver o Plan Inclusión Dixital

O acordo asinábano o presidente da Fegamp, o vicepresidente da Xunta e a directora da Axencia para a Modernización de Galicia
 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, no acto da sinatura do convenio.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alfredo García, no acto da sinatura do convenio.

Garantir que a capacitación dixital chegue a todos os galegos a través das actividades que desenvolve a Rede de aulas CeMIT. Ese é o obxectivo do convenio que asinaban na mañá do 16 de decembro o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, o alcalde do Barco Alfredo García. O acordo busca o desenvolvemento do Plan de Inclusión Dixital no eido da Administración Local.

“Esta colaboración entre administracións garante a continuidade e mellora dun servizo fundamental para reducir non só a primeira fenda dixital, a do acceso ás TIC, senón tamén a segunda fenda dixital, a das habilidades dixitais, ofrecendo unha aprendizaxe permanente neste eido que contribúa á mellora da empregabilidade”, segundo se destaca dende a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Un dos momentos da sinatura do convenio.
Un dos momentos da sinatura do convenio.

Este convenio establece que en 2016 a Amtega achegará aos concellos a través da Fegamp 782.774,70 euros para a realización de actividades en materia de inclusión dixital nas consideradas aulas de referencia da Rede. Este orzamento distribuirase atendendo a criterios de actividade das aulas así como da poboación do concello.

Artigos relacionados

Back to top button