ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Convenio entre a Fegamp e a Xunta para crear os concellos “Doing Business”

Un Concello “Doing Business” será aquel que ofreza ás empresas que vaian instalarse nalgún dos seus polígonos industriais: rebaixas de ata o 95% no Imposto de bens inmobles, o Imposto de actividades económicas e o Imposto sobre construción, instalacións e obras. Así o aseguraba o titular do goberno galego, Alberto Núñez, na mañá do 10 de outubro tras a sinatura dun convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o alcalde barquense Alfredo García.

Este acordo establece a figura do concello onde “se pode e se quere investir; a figura do concello que sabe que é unha administración colaborativa co emprendedor para crear postos de traballo”, segundo Feijóo. Esta figura inclúese ademais no marco da Lei de implantación empresarial.

Artigos relacionados

Back to top button