OurenseÚltima hora

Convenio para a posta en funcionamento e mantemento do campo do Couto

O acordo vén de ser asinado pola Xunta, a Deputación provincial e o Concello de Ourense
Os representantes das tres institucións, tras a sinatura do documento.
Os representantes das tres institucións, tras a sinatura do documento.

O Concello de Ourense, a Deputación provincial e a Xunta colaborarán na posta en funcionamento e no mantemento das instalacións do campo de fútbol do Couto, na cidade das Burgas. As tres institucións asinaban na mañá do 1 de abril un convenio de colaboración neste senso neste mesmo. Era rubricado no mesmo campo de fútbol polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e polo presidente del Consello Rector de Deportes e concelleiro de Deportes en Ourense, Alfonso Vilachá.

O obxectivo é que as tres administracións colaboren no mantemento desta infraestrutura deportiva e no seu funcionamento, deseñando o seu calendario de actividades. Deste xeito o documento recolle que o campo de fútbol do Couto poderá acoller, entre outros acontecementos deportivos, diversos torneos amigables, a Copa Deputación, e outras actividades futbolísticas, especialmente dedicadas ao deporte base, segundo se informa dende a Xunta.

Esta instalación está a ser utilizado esta temporada, desde o pasado mes de decembro, por parte de dous equipos da cidade, ao abeiro dun acordo que a Secretaría xeral para o Deporte acadou cos seus directivos Unha vez que rematen as súas ligas regulares, esta instalación deportiva acollerá as finais da Copa Deputación, así como o Memorial Lito de fútbol 7 alevín e o Campus de fútbol base.

Artigos relacionados

Back to top button