EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Convenio para promocionar a XXXVI Feira do Viño de Amandi

Vén de asinarse un acordo de 2.000 euros entre o Concello de Sober e Caixabank para publicitar o evento
Un dos momentos da sinatura do convenio./ Foto: Concello de Sober.
Un dos momentos da sinatura do convenio./ Foto: Concello de Sober.

O Concello de Sober acaba de asinar un convenio de colaboración coa entidade bancaria Caixabank co obxectivo de promocionar a XXXVI Feira do Viño de Amandi, cita que se desenvolverá nesta localidade lucense na fin de semana do 19 e 20 de marzo.

En concreto, no documento acórdase “colaborar economicamente a través da achega por parte da entidade bancaria de 2.000 euros cos que o Goberno local obterá diverso material co que seguirá a publicitar a feira”, segundo se informa dende o Concello de Sober.

No acto da sinatura participaban o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o director da oficina de Caixabank de Monforte, Javier Rodríguez Mosquera. O rexedor agradecía a colaboración e a sensibilidade deste entidade, o que contribuirá a facer que a feira gañe visitantes ano tras ano.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button