ConcellosÚltima hora

Convenio para renovar o saneamento no Picouto (San Cibrao das Viñas)

O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente suscriben o acordo para a colaboración, cifrada en 50.000 euros
A conselleira (esquerda), co alcalde de San Cibrao na firma do acordo.
A conselleira (esquerda), co alcalde de San Cibrao na firma do acordo.

O alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, asinou hoxe en Santiago coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, un convenio de colaboración para acometer obras de mellora da rede de saneamento e pluviais no núcleo de Picouto, no concello ourensán. O proxecto conta cun presuposto de 50.000 euros, procedentes do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

As tubarías actuais que conforman a rede municipal de saneamento son moi antigas, polo que a actuación consistirá na substitución da infraestrutura hidráulica e renovala. Tamén se canalizarán as pluviais que na actualidade discorren na superficie. Así mesmo, as actuacións incluirán a reposición dosp avimentos danados polas obras.

Artigos relacionados

Back to top button