CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Convivencia de Xogaconnosco, o 22 de maio

Nesta edición redúcese a unha única xornada e inclúe unha ruta de sendeirismo polas Médulas leonesas
Camiñata organizada hai varios anos por Xogaconnosco polas Médulas./ Foto: Xogaconnosco.
Camiñata organizada hai varios anos por Xogaconnosco polas Médulas./ Foto: Xogaconnosco.

Con varias novidades se presenta a vindeira Convivencia lúdico-deportiva da Asociación Xogaconnosco. A primeira é que desta volta o programa de actividades terá unha soa xornada. Está programada para o vindeiro 22 de maio e consistirá nunha ruta de sendeirismo pola paraxe arqueolóxica das Médulas (León).

Outro dos cambios é que neste ano tan só participarán nesta convivencia dous centros: o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras e o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo. En total os rapaces que asistirán serán uns 25.

Nesta actividade, que se promove dende Xogaconnosco, contarase co apoio dos concellos de Vilamartín e Carballeda.

Artigos relacionados

Back to top button