OurenseÚltima hora

Convocado o 14º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos en Ourense

Organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática e Expourense, os premios entregaranse o 2 de decembro
Presentación do 14º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos en Ourense.
Presentación do 14º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos en Ourense.

Na mañá do 10 de novembro presentábase na Deputación de Ourense o XIV Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, unha iniciativa que pretende vencellar a investigación realizada na Universidade no eido da informática e as telecomunicacións ás necesidades e demandas reais do mundo empresarial.

Ao acto acudiron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o subdirector de Sistemas da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, Francisco Javier Rodríguez, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, quenes adiantaron que o acto de entrega dos premios terá lugar o martes 2 de decembro na Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, coooganizadora do concurso xunto a Expourense.

Patrocinado pola Deputación de Ourense, a finalidade deste concurso é sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ó seu proceso de produción axudando a facela máis competitiva. Polo tanto, teñen cabida todos aqueles traballos onde prime unha clara aplicación das súas ideas ó mundo empresarial e que estean vencelladas coa realidade e necesidades cotiás.

A 14ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos constará de dúas modalidades A e B e nelas poderán participar os alumnos das Universidades da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal que estean cursando na actualidade algunha das seguintes titulacións:

– Modalidade A. Títulos de Enxeñería en Informática, Enxeñería de Telecomunicación e Traballos de Fin de Máster de másteres oficiais relacionados co eido das tecnoloxías da información e as comunicacións.

– Modalidade B. Títulos de Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñería Técnica en Informática, Enxeñería Técnica de Telecomunicación.

As bases da convocatoria para presentar os traballos poden consultarse na páxina web www.expourense.org. En total repartiranse 1.400 euros en premios.

Artigos relacionados

Back to top button