EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Convócase o concurso para elixir o cartel da XIII Feira do Viño Monterrei

Concederase un único premio de 600 euros ao cartel ganador e o prazo para presentar os traballos rematará o vindeiro 4 de xuño
Imaxe da pasada edición da Feira do Viño de Monterrei./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre o 10 e 12 de agosto celebrarase en Verín a XIII Feira do Viño Monterrei. Co fin de escoller o cartel que anunciará este evento vitivinícola o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei vén de convocar un concurso, por terceiro ano consecutivo.

Este certame estará aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas. “O único será de 43 x 63 cm (en posición vertical), e a obra poderá realizarse con calquera técnica pictórica, informática e fotográfica”, segundo se informa dende a D.O. Monterrei.

As obras que se presenten deberán enviarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png en alta resolución (mínimo 300 ppp), ao enderezo mail info@domonterrei.com ou poderán entregarse na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda. Luis Espada, 73 Baixo. Verín). A data límite de recepción finaliza ás 14 horas do día 4 de xuño de 2018.

Concederase un único premio de 600 euros ao cartel ganador, que será seleccionado por un xurado conformado por persoas relacionadas co mundo da arte e do deseño, así como pola presidenta do Consello Regulador ou membros do pleno nos que delegue e polo alcalde de Verín e/ou persoas nas que delegue.

 

Artigos relacionados

Back to top button