Convócase o concurso para escoller o cartel da XIV Feira do Viño de Monterrei

A data límite de recepción de traballos finalizará ás 14 horas do día 28 de xuño de 2019. O cartel ganador recbirá 600 euros

O C.R.D.O. Monterrei vén de convocar un concurso para seleccionar o cartel anunciador da ‘XIV Feira do Viño Monterrei’, que terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto en Verín.

Este concurso, realizado por cuarto ano consecutivo, está aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas. O formato único será de 43 x 63 cm (en posición vertical), e a obra poderá realizarse con calquera técnica pictórica, informática e fotográfica.

As bases contemplan a concesión dun único premio de 600 euros ao cartel ganador, que será seleccionado por un xurado conformado por persoas relacionadas co mundo da arte e do deseño, así como pola presidenta do Consello Regulador ou miembros do pleno en que delegue e o alcalde de Verín e/ou persoas nas que deleguen.

Os traballos que se presenten ao concurso poderán enviarse en soporte informático en arquivo .jpg ou .png en alta resolución (mínimo 300 ppp), ao enderezo mail info@domonterrei.com ou poderán entregarse na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda Luis Espada, 73 Baixo. Verín). A data límite de recepción finaliza ás 14 horas do día 28 de xuño de 2019.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies