CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o I Concurso Fotográfico Entroido de Viana do Bolo

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o vindeiro 17 de febreiro

 

Pór en valor a riqueza do Entroido vianés a través da súa forza visual. Con este obxectivo a Asociación Robreda e o Concello de Viana do Bolo veñen de convocar o “I Concurso Fotográfico Entroido de Viana do Bolo. Está aberto a participación de “todas as persoas que o desexen” e non será necesaria inscrición previa.

As persoas interesadas en participar poderán presentar ata un máximo de 5 fotografías, sempre en formato dixital ata o 17 de febreiro a entrudiovianadobolo@gmail.com. O concurso establece un primeiro premio de 250 euros, un segundo premio de 150 euros e unha mención á foto máis antiga de 100 euros.

As bases poden consultarse aquí:

Bases_Concurso_Fotografia_Entroido_2021

Artigos relacionados

Back to top button